xoves, 17 de decembro de 2015

BO NADAL

No noso colexio temos a gran fortuna de ser unha comunidade educativa multicultural. É por iso, que somos conscientes, de que estas datas, poden ser celebradas de moitos xeitos.
 
Pero tamén  que nos une o desexo de pasalas en paz,  recibindo e dando cariño.

Bo Nadal.

 
Geseënde Kersfees
Crăciun fericit
 


عيد ميلاد مجيد


圣诞节快乐



 
 

E TI, QUE PINTAS?

Lembrades ao pintor Andy Warhol? Pois hoxe imos a coñecer a outro dos pintores de Arte Pop máis famosos:

KEITH HARING




Desde moi pequeno Keith Haring empezou a debuxar inspirándose nos debuxos animados que vía na televisión. Empezou facendo debuxos en camisetas.

Máis tarde envorcouse nos grafiti, debuxando imaxes como as dos debuxos animados, feitas cun rotulador directamente sobre anuncios no metro de Nova York.

Aquí tedes os seus maravillosos debuxos e pinturas:














martes, 15 de decembro de 2015

SABEDES QUE ...

OCORRE O DÍA DE NOITEBOA NUN PAÍS CHAMADO SUECIA?

Ese día,  todo o mundo ponse diante da televisión ás 3 da tarde para ver un programa de debuxos animados que se emite sen apenas variacións desde 1959. “Kalle Anka och hans vänner önskar God Ju” ou “O Pato Donald e os seus amigos deséxanlle bo nadal”.

Coñecido afectuosamente como “Kalle Anka”, é unh mistura de curtos animados de Disney dos anos trinta, corenta e cincuenta polo que os suecos senten un fervor máis que relixioso.

Aquí tedes uns minutos:



luns, 14 de decembro de 2015

RECOMENDACIÓNS LITERARIAS DOS MARTES.




Un día Moncho debuxou tanto, que a súa nai tivo que aspirar toda a casa para atopalo.

Onde estará Moncho?


Morris Lessmore amaba as palabras. Amaba as historias. Amaba os libros.

Unha fermosa historia de libros que voan. Lembrades que vichedes o corto animado?

domingo, 13 de decembro de 2015

CONTOS CORTOS

O Conto Corto de hoxe titúlase "Monkey Symphony".

Que importante é divertirse co que facemos?

Disfrutádeo!


xoves, 10 de decembro de 2015

VENRES DE POESÍA









Chisgarabís,

 que dis?

 Chascarraschás, 

que fas? 

Plis plas,

onde estás?


 Pimpín,

xa te vin!!


 Pío pío

 teño frío! 

Atchís,

 meu nariz!!


 Zunzún,

eu non fun! 


Tic tac,

 vaite xa!! 

E TI, QUE PINTAS?

Hoxe imos a coñecer a un pintor moi especial, Andy Warhol. El pintaba cadros tan orixinais como os que ides a ver a continuación.

Este é o noso artista:


E estas algunhas das súas obras mais famosas:










martes, 8 de decembro de 2015

SABEDES QUE ...

MOI PRETO DE A CORUÑA HAI UN LUGAR MÁXICO QUE SE CHAMA "O PASATEMPOS"?

O que máis chama a atención cando chegamos a este lugar máxico é, ademais das grutas e pasadizos subterráneos, o estanque do Retiro.

Seguimos polos murais que reproducen medios de transporte como o aeroplano, o dirixible, o funicular, mapas da Canle de Ges, un mergullador escafandrista, a pirámide de Keops, o mural de reloxos cos fusos horarios mundiais, a mesquita de Mohamed Alí, elementos da mitoloxía, animais exóticos, un hipopótamo, un elefante, un xigantesco león…


E no nivel superior, situáse o xardín botánico con especies dos cinco continentes.
Mirade que fermoso é. Animádevos a visitalo!












RECOMENDACIÓNS LITERARIAS DO MARTES.

Xa sabemos que un dos visos personaxes preferidos é Caillou. Na biblioteca do cole temos este libro musical, para que poidades tocar as vosas melodías preferidas.


domingo, 6 de decembro de 2015