xoves, 28 de novembro de 2024

UNHA CANCIÓN PARA O VENRES.


 Ola amiguiños e amiguiñas, como esta semana conocimos mellor o noso planeta, imos escoitar a canción. "A horta de Balbina", xa que como temos auga e unha terra marabillosa, podemos plantar moitas plantas na nosa horta.

Feliz fin de semana e bicos Herculinossss!!!




martes, 26 de novembro de 2024

SOMOS TODO UN UNIVERSO: A TERRA


Ola amiguiños e amiguiñas, seguimos a percorrer o sistema solar e hoxe, imos coñecer un pouco máis o noso planeta: a terra.

Xa sabedes que temos que coidala moito, e o mellor xeito de facelo é mantendoa limpa. Por exemplo, cando imos no verán á praia, non tiramos nada ao mar, para iso están as papeleiras ou os contenedores de lixo. Tampouco hai que deixar nada no chan cando imos de paseo polo campo, e se facemos unha fogueira porque imos de acampada, hai que asegurarse de deixala ben apagada. 

Coidemos o noso planeta!

Bicos Hercculinossss!!!




domingo, 24 de novembro de 2024

UN CONTO PARA O 25N



Ola amiguiños e amiguiñas, canto nos gustaron  as ás que pintáchedes para o 25N. Tedes que enviarnos algunha fotografia.
Herculina e mais eu, deixamos este conto que esperamos vos guste moito!

Bicos dos dous!!!





xoves, 21 de novembro de 2024

SOMOS TODO UN UNIVERSO. VENUS





Ola amiguiños e amiguiñas, hoxe despido a semana cun planeta que ten unha curiosidades moi interesantes, ademais, como xa sabedes, é o planeta do amor e o cariño.

Que teñades unha boa fin de semana!

Bicos Herculinosssss!!!


VENUS




 

martes, 19 de novembro de 2024

A NOSA BIBLIOTECA

 


Ola amiguiños e amiguiñas, moito me gusta ver a tantas compañeiras e compañeiros na biblioteca, que para min é un lugar marabilloso. Non coñezo outro espazo no que podamos atopar tantos lugares, tantas persoas e tantas historias diferentes e maravillosas.

Con este vídeo quero agradecervos que me acompañedes cada día!

Bicos herculinossss!




sábado, 16 de novembro de 2024

CURTAS ANIMADAS


Ola amiguiños e amiguiñas, a final desta curta de animación é sorprendente. Ollade onde rematan o gato e a polilla!

Espero que vos guste!

Bicos herculinosssss!!!






 





xoves, 14 de novembro de 2024

UNHA CANCIÓN PARA ESTE VENRES

 


Ola amiguiños e amiguiñas, este venres tivo Herculina a idea de deixarvos unha canción que nos gusta moito. 

É do grupo "Migallas teatro" e titúlase: Dime que fixeches. Que non é que queramos rexouba, pero a canción mola moito!

Boa fin de semana.

Bicos Herculinossssss!!!!




martes, 12 de novembro de 2024

SOMOS TODO UN UNIVERSO.


 Ola amiguiños e amiguiñas, hoxe cunha canción, imos aprender como é Mercurio. Veña, imos de viaje ao espacio!

Bicos Herculinos!!!!



domingo, 10 de novembro de 2024

CURTAS ANIMADAS

 


Ola amiguiños e amiguiñas, aqui vos deixo unha curta animada de Plurm, un dinosaurio que vai descubrindo o mundo, como temos que facer todas as persoas, e que interesante e fascinante é!

Bicos Herculinos!!!




xoves, 7 de novembro de 2024

VENRES DE CONTO

 


Ola amiguiños e amiguiñas, o conto deste venres, titúlase A Cebra Camila, que ten un problema coas raias, que xa veredes, pero é mellor que escoitedes o conto.

Que teñades unha fermosa fin de semana!

Bicos Herculinos!!!