martes, 5 de novembro de 2024

SOMOS TODO UN UNIVERSO


 Ola amiguiños e amiguiñas, mirade cantas cores fermosas poder ter a lúa e canta paciencia tivo a fotógrafa, Marcella Julia Pace, que estivo dez anos observando a lúa para, agora, avasallarnos esta imane.

O universo é maravilloso!
Bicos Herculinos!!!




domingo, 3 de novembro de 2024

CURTAS ANIMADAS


 Ola amiguiñas e amiguiños, estou seguro de vós sabedes compartir cos vosos compañeros e compañeiras cando precisan algo, porque ser persoas xenerosas é moi importante e fermoso.
Por iso, escollín esta curta animada.
Espero que vos guste!
Bicos Herculinos!!!!








CURTAS ANIMADAS






Ola amiguiños e amiguiñas, hoxe deixovos unha curta animada que me gustou moito, porque vivimos nun mundo no que se tiran moitas cousas e, ás veces, se lles damos tempo, atopamos que poden ser útiles para nós ou para outras persoas.
Bicos herculinosssss!!!








 

martes, 29 de outubro de 2024

O CONTO DO SAMAÍN

 


Ola amiguiños e amiguiñas, aquí vos deixamos o conto de, Corre corre cabaciña, que xa é un clásico do Samaín.

Gozade moito desta fin de semana e ... METEDE MOITO MEDOOOOOO!!!!

BICOS HERCULINOS E TERRORÍFICOSSSSS!!!!




domingo, 27 de outubro de 2024

CANTAMOS NO SAMAÍN

 



Ola amiguiños e amiguiñas, xa estamos no Samaín, e que mellor que celebralo cantando a canción da cabaciña:
Imos aló! Todos e todas a cantar!

Bicos Herculinossssss!!!!





xoves, 24 de outubro de 2024

VENRES DE CONTO MUSICAL









Ola amiguiños e amiguiñas, e xa chegamos ao conto dos venres! Titúlase, Ernesto bo día, aínda que non sempre vai bo día, e o mal tempo pode xogar malas pasadas.

Esperamos que vos guste e feliz fin de semana!
Bicos Herculinosssssss!

ERNESTO BO DÍA





 

martes, 22 de outubro de 2024

UNHA CANCIÓN PARA O SAMAÍN


 Ola amiguiños e amiguiñas, se digo TUMBA POR AQUÍ, TUMBA POR ALÁ, sabedes de que estou a falar?

Bicos terroríficamente herculinosssssssss!!! uuuuuuuuuuuuuuuuuuuu.....




xoves, 17 de outubro de 2024

VENRES DE CONTO MUSICAL






Ola amiguiños e amiguiñas, hoxe vos deixamos o conto de: A tola de Lola, e esperamos que teñades unha fermosa fin de semana!

Bicos Herculinossssss!!!!





 

martes, 15 de outubro de 2024

SOMOS TODO UN UNIVERSO

 


Ola amiguiños. amiguiñas, queredes aprender como son as estrelas, o sol e a lúa? Pois, aquí vos deixamos Herculina e eu un vídeo moi interesante!

Canta ilusión nos fai aprender tantas cousas sobre o noso universo!

Esperamos que vos guste!

Bicos Herculinosssss!!!!




domingo, 13 de outubro de 2024

CURTAS ANIMADAS


Ola amiguiños e amiguiñas, sabedes que a min costoume moito aprender a nadar. Eu, como Piper, tiña moito medo a auga, pero hai que superar os medos para poder gozar de algo tan marabilloso como nadar.
Aquí vos deixamos a historia de Piper, esperamos que vos guste!

Bicos Herculinosssssss!!!!