martes, 22 de marzo de 2022

luns, 21 de marzo de 2022








Ola amiguiñas e amiguiños, hoxe, 21 de marzo, é o Día da Poesía. A min gústame moito ler poesía, e a vós?

Pois aquí vos deixo uns poemas animados da poeta Gloria Fuertes, que sempren son moi divertidos. Espero que vos gusten!
Bicos Herculinos!!!!






 

xoves, 17 de marzo de 2022

O CONTO DOS VENRES

 


Ola amiguiñas e amiguiños, moito gustei deste libro El hilo, este é un conto para nenas e nenos curiosos. E todo empeza tirando dun fío.

Boa fin de semana e moitos bicos herculinosssss!






martes, 15 de marzo de 2022

CANTA COMIGO

 


Ola amiguiñas e amiguiños, non sei a vós, pero a min encántame ollar para as nubes. Deitarme no chan e mirar as súas formas e ver como van viaxando. Pois aquí tedes unha canción dedicada ás nubes.

Bicos Herculinossssss!




domingo, 13 de marzo de 2022

CONTOS ANIMADOS


 Ola amiguiñas e amiguiños, unha pregunta: vos pensades que os gatos e os parrulos poden levarse ben?

Pois mirade ben este conto animado, que tamén podedes lelo en inglés, pois está baseado nos contos de David Lyon, e son divertidísimos. Espero que vos guste!!!

Bicos herculinossss!




xoves, 10 de marzo de 2022

O CONTO DOS VENRES

 


Hoxe deixovos algo especial... tachan... tachan... a película de Cocorico. Que xa sei que vos gusta moito o conto.

Que teñades unha boa fin de semana!

Bicos Herculinosssss!



martes, 8 de marzo de 2022

CANTA COMIGO

 


Ola amiguiñas e amiguiños, non me digades que cando escoitedes esta canción, non vos ides poñer a bailar!

Oh Muxía!!!

Veña a mover o esqueleto!!!

Bicos Herculinosssss!




domingo, 6 de marzo de 2022

CONTOS ANIMADOS


 Ola amiguiños e amiguiñas, encontrei esta historia animada que moita graza me fixo. Que listo o año, non si? Quen me derá ter un así na miña casa que me axudara a cociñar.

E a vós, gústavos cociñar?

Bicos Herculinossss e bo comezo de semana!!!




xoves, 24 de febreiro de 2022

O CONTO DOS VENRES







Ola amiguiñas e amiguiños, para rematar a semana aquí vos deixo un conto titulado, A lanchiña do flamenco,  dos Musicreques. Un conto moi divertido para contar cantos animais poden ir nunha barca. E nesta, van MOITOS!!!

Bicos Herculinosssss e boa fin de semana!!!


A LANCHIÑA DO FLAMENCO

 


mércores, 23 de febreiro de 2022

SEMENTANDO PENSAMENTOS NO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO






Ola amiguiñas e amiguiños, pero como MOLA a vosa plantación de pensamentos!!! Sodes xeniais!!!
Bicos Herculinos neste Día de Rosalía de Castro.