Olaaaaaaaaaa: Empezamos unha semana moi emocionante e moi terrorífica. Estou seguro que hai un conto que vos gusta especialmente, a que adiviño... empeza por... Corre, corre... a que xa sabedes a palabra que falta. Pois a miña amiga Herculina non coñecía este conto e agora non para de lelo e de cantar a canción. Aquí vos deixo o conto, TERRORIFICAS E TERRORÍFICOS!!! BICOSSSSSSSSS
LOGO DA CANCIÓN DE CORRE CORRE, CABACIÑA, SEGUIMOS COA TEMÁTICA DO SAMAÍN. PREMEDE NO VÍDEO E PODEREDES ESCOITAR UNHA TERRORÍFICA CANCIÓN: O SAMAÍN DE MAMÁ CABRA. FORMA PARTE DO SEU DISCO PATATÍN PATATÁN DO ANO 2008 E PODEMOS AVENTURAR, SEN MEDO, QUE VOS VAI ARREPIAR. O VÍDEO AMOSA A LETRA COMO SE FOSE UN KARAOKE, ASÍ QUE VOS VAI RESULTAR DOADO CANTALA SENTINDO CALAFRÍOS!
A OUTRA CANCIÓN CÁNTAA UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA. TITÚLASE O SAMAÍN E SOA MOITO A ROCK BRAVÚ. VAIVOS GUSTAR SEGURO!
Como xa sabedes estamos na estación do outono, unha das miñas favoritas.
—E sabedes porque?
— Polas cores do bosque. As árbores poden ser douradas, vermellas, marróns... o chan énchese de follas que fan crack, crack... cando as pisas e tamén hai castañas e cogumelossssss....Mmmmmm que saborosos.
Deixovos aquí un video coa música dun compositor que se chama Vivaldi que fixo música para as catro estacións do ano; esta é a que compuxo para o outono.
Ao mellor podedes probar a escoitala mentres facedes algunha tarefa ou ledes un conto.
Por certo, a miña amiga Herculina estivo collendo castañas, non tivo moito coidado e agora ten cravada a espiña dun ourizo na man. Está todo o día dicindo, UI, UI, UI... pero vai vir o meu amigo o doutor Crisanto e vailla quitar nun plis, plas.
Como todos os venres, hoxe imos ver un conto. Leichedes o conto de Cocorico, ese poliño que lle gusta axudar a todas as persoas? Seguro que a vos tamén gozades axudando ás vosas compañeiras e compañeiros.
Con este conto quero desexarvos unha feliz fin de semana longa!!!
UNHA LECTURA XA CLÁSICA NAS AULAS DE INFANTIL DURANTE O SAMAÍN É CORRE CORRE,CABACIÑA. ESCRIBIUNO EVA MEJUTO E ILUSTROUNO ANDRÉ LETRIA. AQUÍ O TENDES EN VERSIÓN PELÍCULA.
PERO, OLLO, ESTE NON SÓ É UN LIBRO PARA LER! GRAZAS A ALMUDENA JANEIRO, NO SEU DISCO CONTOS EN CANTOS, PODEMOS GOZAR DUNHA CANCIÓN SOBRE O CONTO. AQUÍ TENDES A LETRA E O VÍDEO.
Onte pola noite estiven vendo este corto coa miña amiga Herculina e gustounos moito. Sabedes por que? Pois porque ten moita razón o que nos contan nesta historia; cando somos amables e educadas coas compañeiras e compañeiros o mundo énchese de cores.