martes, 15 de novembro de 2016

SABEDES QUE ...

HOXE HOUBO UNHA LÚA MOI ESPECIAL?

Imos deixar por un mércores os páxaros, xa que paga a pena que vexades esta fotografía da lúa que poidemos observar onte. Unha lúa moi fermosa que só podemos ver cada 70 anos.

Mirade que fermosa:







Esta fotografía sacouna un amigo fotógrafo que vive preto de A Coruña, en Arteixo.

luns, 14 de novembro de 2016

domingo, 13 de novembro de 2016

O NOSO MAGOSTO 2016

ASÍ FOI O NOSO MAGOSTO 2016

"Fíate das castañas asadas, que se estoupan, saíranche á cara"



Pero as nosas castañeiras non lles estoupou ningunha


Probablemente porque estaban protexidas non só polas nosas meigas, tamén polos espiritos bis vidos desde África


Como vedes o entusiasmo era grande


E, xa todos xuntos no pavillón, demos boa conta dunhas castañas riquísimas








Magosto que estivo acompañado dos Premios ás mellores cabazas, nas distintas categorías












E tamén as tres gañadoras do Concurso de Relatos "Dame medo"




Parabéns a Tod@s @s premiad@s!!!

E un especial agradecemento as castañeiras e a todos os que fixéchedes posible un día tan especial !!!



sábado, 12 de novembro de 2016

CONTOS CURTOS

O Conto Curto de hoxe titúlase "Piper- So Cute Bird". O paxaro é un lavandero, e mirade que listo é , como supera os seus medos.



xoves, 10 de novembro de 2016

CONTOS DO VENRES.

Hoxe en Contos do venres, un conto cantado: Don Ramón- A nena e o Grilo nun barquiño.

Disfrutádeo e cantade!!!




mércores, 9 de novembro de 2016

E TI QUE PINTAS? ÁFRICA

África é un continente cheo de curiosidades artísticas. Unha delas pertence á tribu Ndebeles, na África do sur e en Zimbabwe. Alí teñen o fermoso costume de estampar as súas casas con moitas cores e formas moi marcadas.
Estes murais de estilo único son sempre pintados por mulleres, sendo unha tradición que pasa de familia en familia.
Mirade que fermosas!!!








E AGORA UN VIDEO DESTA TRIBU, OS NDEBELES, QUE SON TODOS UNS ARTISTAS!!!



martes, 8 de novembro de 2016

SABEDES QUE ...

OS ESTORNINOS AFRICANOS E OS QUE COÑECEMOS NÓS SON MOI DIFERENTES?

O Estorniño do Cabo, así se chama o africano é dunha cor azul intensa. Aquí o redes.




Aquí redes os  estorniños que coñecemos nós e que vemos voar  facendo esas figuras case máxicas:




Realmente fermoso, non si?

luns, 7 de novembro de 2016

RECOMENDACIÓN LITERARIA DOS MARTES


O libro de hoxe titúlase " Orellas de bolboreta". 

Mara é especial, e nada nin ninguén conseguirá restarlle valor ás súas cualidades porque a súa nai lle deu a clave para saír airosa de calquera crítica.














domingo, 6 de novembro de 2016

CONTOS CURTOS

O Conto Curto desta semana titúlase " Cuida do teu planeta".

Como tedes o voso cuarto?  Está ordenado e limpo? Sabedes o que é reciclar?



mércores, 2 de novembro de 2016

E TI QUE PINTAS? ÁFRICA

As Paisaxes de Rozanne Bell


Naceu en1962 en Zimbabwe. Ata 2002 viviu no seu país natal,  expuxo a  súa obra en varios países do sur de África.

Como ides ver, pinta sobre todo paisaxes, cheas dunha gran tenrura. Fixádevos nas cores tan fermosas que consegue. O seu estilo ten moito da pintura Naif.