xoves, 5 de novembro de 2015

E T,I QUE PINTAS?

Ola nenos e nenas da aula de 3 anos, xa que sodes uns artistas e gústavos moito o pintor Joan Miró, seguro que queredes saber algo das súas andanzas. Pois aquí tedes un video no que aprenderedes moito sobre este marabilloso pintor.



mércores, 4 de novembro de 2015

E TI, QUE PINTAS?

Nesta ocasión, xa sabemos que pintan os artistas da aula de 3 anos coa súa mestra Pili.
Nada mais e nada menos que están pintando obras de Miró.
E que ben o fan!
Noraboa artistas!












martes, 27 de outubro de 2015

E TI, QUE PINTAS?

Imos coñecer a un pintor chamado Vincent Van Gogh, e van a ser uns nenos e nenas que nos conten a súa vida.
Vincent é un pintor "Impresionista". 
Os impresionistas son os pintores aos que lles gustaba pintar paisaxes de campo, de cidade, autoretratos, e tamén escenas da vida cotiá. Pero o facían con pinceladas moi pequeniñas, de tal modo que se nos colocamos moi cerca dos seus cuadros só veremos pequenas manchas, mais cando nos alonxamos vemos unha fermosa paisaxe, ou unha ponte, unhas bailarinas...


luns, 26 de outubro de 2015

RECOMENDACIÓN LITERARIA

Estamos no Samín, o colexio está cheo de cabazas, e o conto "Corre, corre cabaciña", xa é un clásico nestas datas.
Aquí o tedes, disfrutádeo!


xoves, 22 de outubro de 2015

VENRES DE POESÍA

Este venres o noso poema cóntanos a historia dunha xirafa con gafas. Que cousas!


 
LAS GAFAS DE LA JIRAFA



A la jirafa
le han puesto gafas,
porque desde allá arribota
no ve ni jota.

Creyó que un enorme pino
era un jirafo muy fino
que le iba a hacer la corte;
¡vaya corte!

Que un erizo con un año
era una esponja de baño
y se lavó en bañador;
¡qué dolor!

Que la serpiente Consuelo
era un lazo para el pelo
y la llevó en la cabeza;
¡qué belleza!

Que un avestruz con sombrero
era un hermoso florero
y lo colocó de adorno;
¡qué trastorno!

Y que era Alejo el Cangrejo
un despertador muy viejo
que atrasaba con frecuencia;
¡qué paciencia!

A la jirafa
le han puesto gafas,
porque desde allá arribota
no ve ni jota.

Carmen Gil.

mércores, 21 de outubro de 2015

E TI, QUE PINTAS?


Xa vimos as pinturas nas covas, as que facían os exipcios, e agora imos a coñecer as que facían os gregos.

Hai moitos miles de anos naceu unha civilización,  que está situada en Grecia, e os seus habitantes son os gregos.
Eran todos moi cultos e tiñan grandes escritores, escultores, arquitectos e pintores. Ademáis en Grecia eran moi deportistas, tanto que alí naceron os Xogos Olímpicos.
Mirade que edificios mais fermosos construían. A primeira imaxe é a do templo dedicado ao deus Zeus




Mais como nós estamos aprendendo sobre pintura, aos gregos o que lles gustaba moito era pintar ánforas, que son vasos de porcelana moi decorados con pinturas. Nesas pinturas, os gregos contaban historias de batallas e da vida cotiá. Tamén as dedicaban aos deuses, xa que eles tiñan moitos deuses.





Vos animades a pintar un vaso de barro, contando algunha historia!!!

martes, 20 de outubro de 2015

SABEDES QUE ...

O CEREBRO É O XEFE DO NOSO CORPO?


Como é que lembras o camiño á casa dun amigo? Por que parpadeas sen sequera pensalo? De onde veñen os soños? O teu cerebro está a cargo destas cousas e de moitas outras máis.

De feito, o cerebro é o xefe do teu corpo. Dirixe todo, controlando case todo o que fas, aínda cando estás a durmir. Isto é incrible, tendo en conta que parece unha gran esponxa gris e engurrada.

Nestes videos Fundi vos explica como funciona o noso cerebro, unha tarefa moi difícil.


RECOMENDACIÓN LITERARIA.





Moitas grazas Iker por lembrarnos o divertido que é a Banda Deseñada!