domingo, 30 de marzo de 2025

CURTAS ANIMADAS. 2 DE ABRIL, DÍA DA LITERATURA INFANTIL E XUVENIL


 Ola amiguiñas e amiguiños, mañá é un día marabilloso, celebramos ao libros que nos acompañan na infancia, e así podemos vivir moreas de aventuras, que non sempre poden ser posibles para nós, pero grazas aos libros, por exemplo, podemos coñecer a Ollobrusco e a un rato moi listo.

Bicos Herculinosssss!!!




xoves, 27 de marzo de 2025

VENRES DE CONTO


 Ola amiguiñas e amiguiños, o conto deste venres é sobre un neno que quere atrapar unha estrela. 

O conseguira? Se o escoitades, saberédelo!

Boa fin de semana e moitos moitos, bicos herculinosssss!!!




martes, 25 de marzo de 2025

SOMOS TODO UN UNIVERSO.


 Ola amiguiñas e amiguiños, como xa vos contei, a Herculina e a min, gústannos moito as estrelas, tamén o sol e a lúa. Escollemos este vídeo do Mundo Kuku, para vós.
Esperamos que vos guste!

Bicos Herculinosssss!!!!





sábado, 22 de marzo de 2025

CURTAS ANIMADAS. 22 DE MARZO, DÍA MUNDIAL DA AUGA.



Ola amiguiñas e amiguiños, este sábado 22 de marzo foi o Día Mundial da Auga. É moi importante que non a desperdiciemos, xa que sen este recurso a vida no noso planeta desaparecería. Podemos facer pequenas cousas que lograrán que xuntos, a auga sexa un ben do que gozar todas as persoas.

Imaxina que abres a billa e non sae nin unha pinga de auga, sería imposible realizar a maioría das tarefas diarias que son necesarias para unha familia! Lavar os alimentos, a nosa hixiene, cociñar e moitas outras actividades da vida cotiá. En moitos países do mundo, a auga é un recurso moi escaso, ou ben está contaminada. O acceso á auga é un dereito humano básico e toca pensar en como solucionar estas situacións tan inxustas ás que se teñen que enfrontar moitas familias en distintas partes do mundo.

Así que xa sabedes, non desperdiciedes a auga!

Bicos herculinosssss!




venres, 21 de marzo de 2025

VENRES DE CONTO


 Ola amiguiñas e amiguiños, este venres o conto titúlase, Mister Corvo.

Que teñades unha boa fin de semana!

Bicos herculinossssss!





mércores, 19 de marzo de 2025

SOMOS TODO UN UNIVERSO


 


Ola amiguiñas e amiguiños, sabedes que a Herculina e a min gústanos moito mirar as estrelas pola noite cando o ceo esta moi limpo de nubes. Pero tamén tedes que saber que hai moitos tipos de estrelas. 
Aqui vos deixamos un vídeo, no que aprenderedes moito sobre elas.
Esperamos que vos guste!!!

Bicos Herculinossss e estrelados!!!!






domingo, 16 de marzo de 2025

CURTAS ANIMADAS

 


Ola amiguiñas e amiguiños, aqui vos deixo esta curta animada na que poderedes comprobar o poder da música.  Un xove castor, ao que lle encanta a música, intenta atopar o seu lugar no grupo a través dela.

Espero que o gocedes!

Bicos herculinos!!!