Ola amiguiñas e amiguiños, e xa para rematar esta semana de contos, imos despedirnos co conto de: A cebra Camila, que non sei a vós, pero a min gústame moito esta cebra.
xoves, 24 de abril de 2025
23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO, SEMANA DE CONTOS.
Ola amiguiñas e amiguiños, e xa para rematar esta semana de contos, imos despedirnos co conto de: A cebra Camila, que non sei a vós, pero a min gústame moito esta cebra.
mércores, 23 de abril de 2025
23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO, SEMANA DE CONTOS.
martes, 22 de abril de 2025
23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO, SEMANA DE CONTOS.
Ola amiguiñas e amiguiños, hoxe como é o Día do Libro, escollín varios contos, uns cantados e outros non. Espero que vos gusten.
FELIZ DÍA DO LIBRO!!!!
luns, 21 de abril de 2025
23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO, SEMANA DE CONTOS.
xoves, 10 de abril de 2025
UNHA CANCIÓN PARA AS VACACIÓNS.
Ola amiguiñas e amiguiños, xa empezamos a tan desexadas vacacións, e como estou seguro de que leredes moitos contos, hoxe vos deixo unha canción, para que cando volvades. me contedes o que fixestes.
Felices vacacións!
Bicos Herculinosssss!!!!
martes, 8 de abril de 2025
SOMOS TODO UN UNIVERSO. WORK IN PROGRESS DE EDUCACIÓN INFANTIL.
Ola amiguiñas e amiguiños, perooooo como molan as actividades que estades a facer sobre o universo. Estou encantado coas fotos que me envía a vosa mestra Pili, e espero que veñan máis. Eu feliz, facendo estos vídeos, que logo ve Herculina comendo flocos de millo.
Bicos Herculinossss!!!
domingo, 6 de abril de 2025
CURTAS ANIMADAS
Pois para saber as respostas, só tedes que ver esta curta animada.
Bicos Herculinosssss!!!!
xoves, 3 de abril de 2025
VENRES DE CONTO.
martes, 1 de abril de 2025
SOMOS TODO UN UNIVERSO. WORK IN PROGRESS DE EDUCACIÓN INFANTIL.
Ola amiguiñas e amiguiños, que orgullosos estamos Herculina e mais eu por ese traballo das constelacións tan fermoso que estades a facer.
Estamos desexando ver mais!!! Sodes uns cracks!!!
Bicos herculinosss!!!!
domingo, 30 de marzo de 2025
CURTAS ANIMADAS. 2 DE ABRIL, DÍA DA LITERATURA INFANTIL E XUVENIL
Ola amiguiñas e amiguiños, mañá é un día marabilloso, celebramos ao libros que nos acompañan na infancia, e así podemos vivir moreas de aventuras, que non sempre poden ser posibles para nós, pero grazas aos libros, por exemplo, podemos coñecer a Ollobrusco e a un rato moi listo.
Bicos Herculinosssss!!!
xoves, 27 de marzo de 2025
VENRES DE CONTO
Ola amiguiñas e amiguiños, o conto deste venres é sobre un neno que quere atrapar unha estrela.
O conseguira? Se o escoitades, saberédelo!
Boa fin de semana e moitos moitos, bicos herculinosssss!!!
martes, 25 de marzo de 2025
SOMOS TODO UN UNIVERSO.
sábado, 22 de marzo de 2025
CURTAS ANIMADAS. 22 DE MARZO, DÍA MUNDIAL DA AUGA.
Ola amiguiñas e amiguiños, este sábado 22 de marzo foi o Día Mundial da Auga. É moi importante que non a desperdiciemos, xa que sen este recurso a vida no noso planeta desaparecería. Podemos facer pequenas cousas que lograrán que xuntos, a auga sexa un ben do que gozar todas as persoas.
venres, 21 de marzo de 2025
VENRES DE CONTO
Ola amiguiñas e amiguiños, este venres o conto titúlase, Mister Corvo.
Que teñades unha boa fin de semana!
Bicos herculinossssss!
mércores, 19 de marzo de 2025
SOMOS TODO UN UNIVERSO
domingo, 16 de marzo de 2025
CURTAS ANIMADAS
Ola amiguiñas e amiguiños, aqui vos deixo esta curta animada na que poderedes comprobar o poder da música. Un xove castor, ao que lle encanta a música, intenta atopar o seu lugar no grupo a través dela.
Espero que o gocedes!
Bicos herculinos!!!
xoves, 16 de xaneiro de 2025
SOMOS TODO UN UNIVERSO E IMOS COÑECER AS ESTRELAS.
Ola amiguiños e amiguiñas, seguro que a vós tamén vos gustan as estrelas. Herculina e mais eu, gozamos de deitarmonos na herba e mirar estrelas nas noites de primavera e verán. Pero xa sabedes que para iso tedes que ir a un lugar no que non haxa luces artificiais. Hai tantas e son tan fermosas!
martes, 14 de xaneiro de 2025
SOMOS TODO UN UNIVERSO. UN TRABALLO COOPERATIVO DA AULA DE 6ºA DE EI
Ola amiguiños e amiguiñas, Herculina e mais eu estamos ABRAIADOS, CONTENTOS, ALUNINAAAANDOOOO, con ese Lapbook e esa Caixa Lunar.
Moitos, mortos parabéns! Fixemos este vídeo, que esperamos que vos guste, coas fotografías e vídeos que me enviou a vosa profe, Bea, á que lle quedamos moi agradecidos!
Bicos Herculinosssssss!!!!