xoves, 19 de decembro de 2024

FELICES FESTAS AMIGUIÑOS E AMIGUIÑAS!


Ola amiguiños e amiguiñas, xa empezan as vacacións! Espero que as gocedes coa vosa familia e amigos.

Herculina e mais eu faremos unha festa na nosa casa árbore para todos os amigos e amigas!

Vémonos á volta!


FELICES FESTAS E MOITOS MOITOS, BICOSSSSSSS!!!!




martes, 17 de decembro de 2024

ESTIVO ESTÍBALIZ ESPINOSA NA BIBLIOTECA!!!


 Ola amiguiños e amiguiñas, así que estivo a miña amiga Estibaliz na biblioteca. Estou seguro de que aprendíchedes moitas cousas sobre o Sistema Solar e as constelacións. E que saibades que eu tamén lin o seu libro, Canto cosmos. Como mola ese conto!

Moitas grazas polo vídeo!

Bicos Herculinosssss!!!!




luns, 16 de decembro de 2024

O MONSTRO DE CORES!


 Ola amiguiños e amiguiñas, que como andiven cun catarro que non quería deixarme tranquilo, non me enterei de as compañeiras de 6ºB: Awa, Alexia, Manha, Maimouna, Meriem, Raquel e Vanesa, representaron ese conto que tanto me gusta, O monstro de cores. 

Pero, as vosas mestras, tiveron o detalle de enviarme estas dúas fotos!

Moitas grazas! E moitos parabéns ás artistas!

Bicos Herculinos!!!!








domingo, 15 de decembro de 2024

CURTAS ANIMADAS




Ola amiguiños e amiguiñas, xa quedan poucos días para que cheguen as festa e estar todos e todas xuntas, mais tamén son días que soñamos moito. Eu, estas noites, non paro de soñar cos agasallos, que espero que sexan moitos libros, aínda que tamén pedín unha mantiña nova, uns calcetíns con lunares vermellos e un telescopio. Non sei eu se me traerán todo, pero algunha cousa seguro que si. Xa vos contarei á volta.
Hoxe, deixouvos unha curta animada moi fermosa, porque fala diso, dos sonos.

Bicos Herculinos!!!!





 

xoves, 12 de decembro de 2024

VENRES DE CONTO





Ola amiguiños e amiguiñas, aqui vos deixo o conto de Petra para que vexades que, aínda que facer exercicio e comer saudable é o que temos que facer, cada unha temos o noso tamaño e ser diferentes é marabilloso!

Boa fin de semana!
Bicos Herculinosssss!!!!



 

martes, 10 de decembro de 2024

domingo, 8 de decembro de 2024

CURTAS ANIMADAS


Ola amiguiños e amiguiñas, con esta curta de animación entráronme unhas ganas de comer....

Bicos herculinos!!!









 

mércores, 4 de decembro de 2024

O CONTO DESTE XOVES QUE É COMO UN VENRES.


 Ola amiguiños e amiguiñas, como esta semana é máis curta, pois rematamos a escola o xoves, aquí vos deixo un conto que me recomendou o meu amigo Xoan. A historia dun oso que atrapaba bolboretas, pero escoitade o conto e xa veredes como aínda que os osos son moi grandes e as bolboretas moi pequenas, tamén poden ser amigos.

Gozade desta fin de semana longa!

Bicos Herculinos!!!!




domingo, 1 de decembro de 2024





Ola amiguiños e amiguiñas, mirada que personaxes máis divertidos atopei. Teñen moitas aventuras e, na de hoxe, veredes a importancia de axudarnos entre os compañeiros e as compañeiras.
Espero que vos gusten Margo e Duckie.
Bicos Herculinossss!!!