xoves, 28 de novembro de 2019
mércores, 27 de novembro de 2019
luns, 25 de novembro de 2019
PALABRAS PARA UNHA IMAXE

Ola amiguiñas e amiguiños, onte foi o 25 de novembro, unha data moi importante todos os días, xa que a violencia non é boa nunca. No meu bosque todxs somos iguais e cando temos algunha diferencia a solucionamos falando.
Hoxe quero participar nesta entrada do blog poñendo eu a imaxe e que vos elixades a palabra.
domingo, 24 de novembro de 2019
CONTOS CURTOS. 25 de novembro. Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller
SUPERLOLA. DÍA INTERNACIONAL PARA LA ELIMINACIÓN DE LA VIOLENCIA CONTRA LA MUJER.
xoves, 21 de novembro de 2019
VENRES DE CONTO

Ola amiguiñas e amiguiños, aquí vos deixo un conto dunha vaca que puxo un ovo. Que cousa máis estrana!!! As vacas non poñen ovos, non si?
Bicos herculinossssss!!!!
A VACA QUE PUXO UN OVO
martes, 19 de novembro de 2019
CANTAMOS?

Ola amiguiñas e amiguiños do Raquel Camacho, entereime que o venres estivestes de aniversario e que o voso colexio cumpliu 50 anos. Iso é moi pouco comparado cos meus 150 anos, xa sabedes que os gnomos somos moi lonxevos.
Cando un colexio cumpre cincuenta anos, quere dicir que pasaron por el moitas alumnas e alumnos, mestras, mestres, familias ... e iso é un motivo de alegría.
Por iso vos deixo esta canción para que lla cantedes ao voso colexio.
Cincuenta bicos herculinossssss!!! MOITOS PARABÉNS!!!
luns, 18 de novembro de 2019
domingo, 17 de novembro de 2019
PARABÉNS!!!
MOITOS PARABÉNS!!!
Este venres 15 de novembro cumpriu cincuenta anos o noso colexio, e con el todas as persoas que fixeron e están a facer do Raquel Camacho un lugar de entendemento, de ilusión e desa palabra tan fermosa que é sororidade.
Nesas mesas e nesas cadeiras nas que vos sentades cada día estiveron, nalgúns casos, as vosas nais e os vosos pais; mestras e mestres que xa non están con nós e outros que están por vir; familias que colaboran día a día para que todo sexa máis doado para todas.
Entre toda a comunidade chegamos até aquí medrando, rindo, correndo, lendo, contando contos, xogando, e tamén, porque non, rifando en ocasións. Porque un colexio é o mais semellante a unha bola do mundo na que todas as persoas imos aportando algo para que cada día sexa mellor que o anterior; para aprender xuntas e con todo iso construades e sumedes, os antónimos destas palabras non nos gustan no Raquel Camacho.
Grazas a todas por chegar cada mañá cando soa a canción e encher de risas, frases inxeniosas e olladas curiosas, este espacio que sen vos non tería razón de existir.
Grazas por estes cincuenta anos!!!
E non esquezades que entre todas podemos facer un mundo...
xoves, 14 de novembro de 2019
VENRES DE CONTO

Ola amiguiña e amiguiños, e andando andando, chegamos ao venres de conto. Que aventura vivirán os sete cabritiños?
Bicos herculinossssss!!!
OS SETE CABRITIÑOS
mércores, 13 de novembro de 2019
CANTAMOS?

Ola amiguiñas e amiguiños, aquí vos deixo unha canción que nos gustou moito a miña amiga Herculina e a min.
Que fermoso é saudar cando chegamos pola mañá!!!
Bicos herculinossssss!!!
OLA OLA
martes, 12 de novembro de 2019
luns, 11 de novembro de 2019
MOITOS PARABÉNS!!!
Hoxe no Recomendamos, as gañadoras e gañadores do VI Concurso de relatos "Dame Medo".
MOITOS PARABÉNS E MOITAS GRAZAS POR ESAS HISTORIAS TAN TERRORÍFICAS!!!
QUE MEDO PASOU O XURADO!!!
Aula 4º A de EI polo relato: A momia Princesa e o vento
Aula 4º B de EI polo relato: A bruxa e o vampiro.
Santiago da aula de 2º A polo relato: O vampiro
Driannys da aula de 2º B polo relato: A noite tenebrosa de Samaín.
Bianca da aula de 3º A polo relato: O neno que salvou o seu país.
Gabriel da aula de 4º A polo relato: Os catro pantasmas.
Lucía da aula de 4º B polo relato: O reloxo.
Ángela da aula de 5º A polo relato: Atrapados no Samaín
Zaida da aula de 5º B polo relato: A cabaza máxica.
Miguel da aula de 6º A polo relato: O ascensor maldito
Noa. V de 6º B polo relato: O túnel do terror
domingo, 10 de novembro de 2019
CONTOS CURTOS

Ola amiguiñas e amiguiños, mirade que paxaros máis rabudos!!!
Moitos bicos do voso Herculino!!!
PAXAROS
xoves, 7 de novembro de 2019
VENRES DE CONTO

Ola amiguiñas e amiguiños, aqui vos deixo o conto: A castaña que rebentou de risa, e ides saber porque as castañas teñen dúas cores.
MOITOSSSS BICOSSSS E FELIZ MAGOSTO!!!
mércores, 6 de novembro de 2019
CANTAMOS?

Ola amiguiñas e amiguiños, xa chega o magosto e o bosque está cheo de ourizos que agochas ricas castañas. Fermoso agasallo o que nos fan os castiñeiros.
A Herculina e a min gústannos asadas, cocidas, en biscoito... e a vós?
Aquí vos deixo O RAP DO MAGOSTO, porque a min gústame tamén moito o rap.
Bicossss herculinossssssss!!!!
martes, 5 de novembro de 2019
PALABRAS PARA UNHA IMAXE

CAL SERÍA A VOSA PALABRA PARA ESTA IMAXE?

MIKE KIEV/iSTOCK/THINKSTOCK. CULTURA INQUIETA
luns, 4 de novembro de 2019
CONTOS CURTOS

Ola amiguiñas e amiguiños, aquí vos deixo unha curtametraxe que explica moi ben porque os plásticos nunca teñen un bo final na natureza.
Así que xa sabedes, NUNCA, NUNCA, tiredes plásticos ao mar.
Bicos herculinossssssss.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)