Ola amiguiños e amiguiñas, como esta semana conocimos mellor o noso planeta, imos escoitar a canción. "A horta de Balbina", xa que como temos auga e unha terra marabillosa, podemos plantar moitas plantas na nosa horta.
Ola amiguiños e amiguiñas, seguimos a percorrer o sistema solar e hoxe, imos coñecer un pouco máis o noso planeta: a terra.
Xa sabedes que temos que coidala moito, e o mellor xeito de facelo é mantendoa limpa. Por exemplo, cando imos no verán á praia, non tiramos nada ao mar, para iso están as papeleiras ou os contenedores de lixo. Tampouco hai que deixar nada no chan cando imos de paseo polo campo, e se facemos unha fogueira porque imos de acampada, hai que asegurarse de deixala ben apagada.
Ola amiguiños e amiguiñas, hoxe despido a semana cun planeta que ten unha curiosidades moi interesantes, ademais, como xa sabedes, é o planeta do amor e o cariño.
Ola amiguiños e amiguiñas, moito me gusta ver a tantas compañeiras e compañeiros na biblioteca, que para min é un lugar marabilloso. Non coñezo outro espazo no que podamos atopar tantos lugares, tantas persoas e tantas historias diferentes e maravillosas.
Con este vídeo quero agradecervos que me acompañedes cada día!
Ola amiguiños e amiguiñas, aqui vos deixo unha curta animada de Plurm, un dinosaurio que vai descubrindo o mundo, como temos que facer todas as persoas, e que interesante e fascinante é!
Ola amiguiños e amiguiñas, o conto deste venres, titúlase A Cebra Camila, que ten un problema coas raias, que xa veredes, pero é mellor que escoitedes o conto.
Ola amiguiños e amiguiñas, mirade cantas cores fermosas poder ter a lúa e canta paciencia tivo a fotógrafa, Marcella Julia Pace, que estivo dez anos observando a lúa para, agora, avasallarnos esta imane.
Ola amiguiñas e amiguiños, estou seguro de vós sabedes compartir cos vosos compañeros e compañeiras cando precisan algo, porque ser persoas xenerosas é moi importante e fermoso.
Ola amiguiños e amiguiñas, hoxe deixovos unha curta animada que me gustou moito, porque vivimos nun mundo no que se tiran moitas cousas e, ás veces, se lles damos tempo, atopamos que poden ser útiles para nós ou para outras persoas.