xoves, 23 de marzo de 2023

VENRES DO CONTO

 


Ola amiguiñas e amiguiños, aquí vos deixo un conto que moito me gusta, Frederick, ese ratón que xuntaba cousas moi interesantes e fermosas!!!

Bicos herculinosssss!!!!



luns, 20 de marzo de 2023

CANTA COMIGO

 


Ola amiguiñas e amiguiños, que tal saiu o debuxo do luns? Seguro que son ben fermosos! Pero non quero que deixemos de bailar e cantar os mércores. Aquí vos deixo unha canción de Uxía Lambona e a Banda Molona.




domingo, 19 de marzo de 2023

GUSTAMOS DA POESÍA. 21 DE MARZO, DÍA DA POESÍA.


Ola amiguiñas e amiguiños, non sei a vós, pero a min gústame moito a poesía. Por iso, esta semana imos dedicarlla á poesía. A min hai unha poeta que me gusta moito, chámase Gloría Fuertes, e fago unha proposta: eu deixo aquí o poema e vós facedes un debuxo. Apetécevos?


En mi cara redondita

tengo ojos y nariz,

y también una boquita

para hablar y para reir.


Con mis ojos veo todo,

con la nariz hago achís,

con mi boca como como

palomitas de maíz.


Gloría Fuertes.


BIcos herculinosss!!!!

xoves, 16 de marzo de 2023

VENRES DE CONTO


 Ola amiguiñas e amiguiños, pois xa que falabamos de formigas, o conto deste venres é a historia dunha pulga que decide coñecer mundo, o mesmo que facemos Herculina e máis eu sempre que podemos.

Que teñades unha feliz fin de semana!

Bicos herculinossss!!!




martes, 14 de marzo de 2023

CANTA COMIGO

 


Ola amiguiñas e amiguiños, que tremendas son as formigas. Aquí no bosque, xa sabedes que hai moitas. Témoslle moito cariño porque son moi traballadoras, pero como entren polo calcetín...

Por certo, unha pregunta... Vós ides ao mercado?


Bicos herculinossss!!!



domingo, 12 de marzo de 2023

CURTAS ANIMADAS


 Ola amiguiñas e amiguiños, hoxe quero deixarvos unha curta que titúlase, A canción do bosque, a ver se vos gusta tanto como a Herculina e a min.

Bicos herculinosssss!!!!



xoves, 9 de marzo de 2023

8M. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. OS NENOS E AS NENAS SOMOS IGUAIS.

 


Ola amiguiños e amiguiñas, e para pechar esta semana, un conto que fala de  - - - - - - - - -.

A ver se adiviñades a palabra segreda!

Bicos Herculinosssss e boa fin de semana!




martes, 7 de marzo de 2023

domingo, 5 de marzo de 2023

8M. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. OS NENOS E AS NENAS SOMOS IGUAIS.


 Ola amiguiños e amiguiñas, esta semana celebramos o 8M. Día Internacional da Muller. Son moitos os anos que as mulleres levan loitando por ter os mesmos dereitos que os homes, e aínda que nalgúns países imos avanzando, hai moito que mellorar.

Aquí vos deixamos, Herculina e máis eu un vídeo para que pensedes e faledes sobre este tema tan importante.

Bicos Herculinossssss!!!