mércores, 19 de febreiro de 2020

CANTAMOS?



Non quero que esquezades que o luns 24 de febreiro é o Día de Rosalía, a nosa gran poeta. E, que mellor que cantándolle unha canción?



domingo, 16 de febreiro de 2020

CONTOS CURTOS



Ola amiguiñas e amiguiños, esta semana temos moitas actividades interesantes. Chega o Entroido e tamén o Día de Rosalía, así que xa estiven buscando cousiñas para compartir con vós.
Aquí vos deixo un vídeo duns paxaros que celebran moi ben, pero que moi ben o entroitdo.


xoves, 13 de febreiro de 2020

VENRES DE CONTO




Como me gusta este conto titulado Por cuatro esquinitas de nada! O seu autor chámase Jerome Ruillier e fixo un conto ben fermoso.

Que teñades un fermoso fin de semana!
Bicos herculinosssssssssss!









mércores, 12 de febreiro de 2020

domingo, 9 de febreiro de 2020

CONTOS CURTOS



Ola amiguiñas e amiguiños, hoxe comparto con vós unha fermosa historia dun zorro e un ratón, que a Herculina e a min moito nos gustou. Ás veces facemos amigos inesperados, e por moi diferentes que sexan a nós podemos querernos e pasalo moi ben xuntos e xuntas.
Bicos herculinosssssssssssssssss!






xoves, 6 de febreiro de 2020

VENRES DE CONTO






Ola amiguiñas e amiguiños, aquí vos deixo un conto que a min gústame moito, moito. Titúlase O cazo de Lorenzo, e cóntanos a historia de como todas as persoas somos diferentes e iso é o que nos fai especiais.
Espero que vos guste! Boa fin de semana!

Bicos herculinossssssssss.






mércores, 5 de febreiro de 2020

luns, 3 de febreiro de 2020

TOD@S XUNT@S POLA PAZ!

Hoxe foi un día moi especial para as persoas que formamos parte da comunidade educativa desta cidade. Máis de cinco mil mans uníronse para berrar xuntas pola Paz; o Paseo Marítimo da nosa cidade encheuse de risas, dese son inigualable en fermosura que é a voz de moitos nenos e nenas xuntas. 
Fixemos a onda máis grande que se pode facer na nosa costa, que ten forma de aperta; esa aperta inmensa que queremos enviar como mensaxe de paz nun mundo que non sempre a procura.

Desde o CEIP. Raquel Camacho, queremos agradecer a complicidade, a ilusión e o bo facer de todos os colexios que participastedes neste día...

CEIP. Juan Fernández Latorre
CEIP. Emilia Pardo Bazán.
CEIP. San Pedro de Visma.
CEIP. Prácticas.
CEIP. Sagrada Familia.
CEE. Nosa Señora do Rosario.
CPR. Plurilingüe Franciscanos.
Hogar de Sta. Margarita.
CEIP. Eusebio da Guarda.
CEIP. Anxo da Garda
CEIP. José Cornide.
CEIP. Alborada
CEIP. Rosalía de Castro.
CEIP. Manuel Murguía.
CEIP. María Pita.
Obradoiro.
Dominicos.
IES. Agra I
Escola Unitaria de Ombre (Pontedeume)
CEIP. Raquel Camacho.

Aínda que non puideron estar hoxe con nós, tamén participaron coas actividades os colexios: Salesianos e Calasancias.
Tamén queremos agradecer a colaboración do Concello de A Coruña.

Aquí vos deixamos un vídeo, que temos que agradecer ao Fogar de Sta. Margarida, e que representa toda a nosa alegría.


Velai tedes o manifesto, lido por Iago de sete anos e alumno da Escola Unitaria de Ombre (Pontedeume). Na súa voz estaba a de todas as nenas e nenos.

Hoxe, celebramos o Día da Paz; nenos e nenas, mestres, mestras, familias, saímos dun mesmo lugar, as nosas escolas, porque como dixo Malala Yousafzai: “Un neno, unha mestra, un libro, un lapis poden cambiar o mundo”.
Nós tamén cremos que non hai mellor menciña contra as guerras, a fame, a desigualdade e a intolerancia que a educación.
Unimos as nosas mans desde o Milenium, erixido para conmemorar o século XXI, un século que queremos sexa de Paz en todo o mundo e, con elas,  fixemos unha onda que quere ser océano de ilusión, dun soño posible para todas as persoas de calquera cultura, crenza ou ideas baseadas no respecto, na igualdade e na liberdade.
Das nosas mestras e mestres esperamos que sementen en nós coñecementos que provoquen preguntas, que nos axuden a formarnos no respecto á diversidade. Dos libros esperamos, que abran portas á reflexión para, con ese lapis, escribir unha historia nova que, como este faro ilumine sendeiros de paz.
O artigo décimo da Declaración dos Dereitos da Infancia di:
O dereito para ser criado cun espírito de comprensión, tolerancia, amizade entre os pobos e irmandade universal.
Velaí o camiño cara a Paz.
Moitas grazas as vosas mans cómplices, fortes e decididas que deixamos hoxe como a nosa persoal pegada dun mundo posible, no que tezamos unha rede de afecto e respecto feita cos fíos da paz e a igualdade.



MOITAS GRAZAS A TOD@S!!!

PALABRAS PARA UNHA IMAXE



En que pensades ao ver este cadro do pintor coruñes Urbano Lugris?



domingo, 2 de febreiro de 2020

CONTOS CURTOS



Ola amiguiñas e amiguiños, aquí vos deixo unha animación dunha das famosas pinturas de Van Gogh, A noite estrelada.
Observade e escoitade!!!
Espero que vos guste, eu quedei pampo mirando para as imaxes.
Bicos herculinossssssss.