luns, 29 de abril de 2019
domingo, 28 de abril de 2019
ASÍ FOI A NOSA SEMANA DO LIBRO
MARTES 23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO
Tivemos a sorte de gozar da compañía e da palabra da autora Emma Pedreira que, como prometeu, trouxo unha maleta chea de sorpresas. Mais tamén de historias sobre o papel, o libro máis grande, o máis pequeno; os diferentes tipos de libros...
xoves, 25 de abril de 2019
FESTA DO LIBRO NA NOSA BIBLIOTECA

Moi ben, amiguiñas e amiguiños! Remata esta semana festexando a maxía dos libros, mais seguiremos lendo e preparándonos para a seguinte. Mentres lede moito e imaxinade historias, soñade con elas; e sobre todo, compartídeas.
E para rematar a festa, que mellor que unha canción que conta un conto moi disparatado. O cantan as miñas amigas As Lingoreteiras, e a canción titúlase Heiche de contar un conto.
Veña, todas e todos a cantar un conto de vintecinco mentiras!!!
Bicos Herculinossssssss
mércores, 24 de abril de 2019
FESTA DO LIBRO NA NOSA BIBLIOTECA

Contáronme con moito segredo que hoxe ven á nosa biblioteca unha conta contos que se chama Charo Pita, e que conta os contos SUPER, SUPER, XENIAL!!!
Andiven investigando, e mirade que atipei desta rapaza que conta tan ben as historias:
CHARO PITA
Que historias vira a contarnos?
Xa me contaredes...
Bicos Herculinossssssss
martes, 23 de abril de 2019
FESTA DO LIBRO NA NOSA BIBLIOTECA

Hoxe vos deixo un conto, que moita graza me fixo!!!
A VACA QUE PUXO UN OVO
(Autor: Andy Cutbill; Ilustración Russell Ayto)
luns, 22 de abril de 2019
FESTA DO LIBRO NA NOSA BIBLIOTECA

Ola amiguiñas e amiguiños! Esta semana esto moi contento. Xa sabedes que me encanta ler, e tamén comer chocolate. Ás veces fago as dúas cousas xuntas, pero se o libro me gusta moito, esquezo o chocolate e é a miña gatiña a que o remata comendo.
Esta semana o bosque estará cheo de libros e todas e todos imos saír a ler o noso conto favorito a unha amiga ou amigo. Estou moi ilusionado!!!
Esta semana o bosque estará cheo de libros e todas e todos imos saír a ler o noso conto favorito a unha amiga ou amigo. Estou moi ilusionado!!!
Xa sei que ides ter moitas actividades, pero eu tamén quero mandarvos algunha cousiña cada día.
Hoxe, pensando, pensando... e como sei que sodes moi listos e listas, aquí vos deixo unha adiviña.
Bicos herculinosssss!!!
Entre as miñas follas, escóndense
fadas, meigas e trasnos
Cando me les de noite
sen darte de conta, dormes e soñas.
Que é?
xoves, 11 de abril de 2019
martes, 9 de abril de 2019
domingo, 7 de abril de 2019
xoves, 4 de abril de 2019
mércores, 3 de abril de 2019
martes, 2 de abril de 2019
ESTA SEMANA, CADA DÍA UN CONTO.
Seguimos esta semana celebrando o Día Internacional do libro Infantil e Xuvenil, cun conto cada día.
E hoxe...
Loboferoz
luns, 1 de abril de 2019
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL
O mellor lugar para celebrar este día é a nosa biblioteca. Queremos darvos as grazas a todas as persoas que compartides con nós este lugar cheo de historias. As lectoras e lectores; @s voluntari@s, sodes moi importantes; @s conta contos, polo voso esforzo; as familias que apoiades o noso proxecto; @s autor@s que vides a contarnos historias ás que dedicáchedes horas de soidade para que nós as gocemos; ás librarías do noso barrio...
FELIZ DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)