xoves, 28 de febreiro de 2019
mércores, 27 de febreiro de 2019
CANTO CONTO TEMOS!!!
Xa empezamos a facer o que máis nos gusta, contar contos. Este trimestre tivemos todos estes...
PESADILLA ANTES DE NAVIDAD
O MONSTRO DE CORES

HAI ALGO MÁIS ABURRIDO QUE SER UNHA PRINCESA ROSA?

E POR ÚLTIMO, O CONTO QUE XA NOS LEVA CARA O ENTROIDO

MOITÍSIMAS GRAZAS A TODAS E TODOS OS QUE FIXÉCHEDES POSIBLE A MAXÍA DE CONTARNOS HISTORIAS. POLO VOSO TRABALLO E POLA VOSA ILUSIÓN!!!
luns, 25 de febreiro de 2019
domingo, 24 de febreiro de 2019
xoves, 21 de febreiro de 2019
xoves, 14 de febreiro de 2019
VENRES DE CONTO

Ola amiguiñas e amiguiños; mirade que conto máis chuli atopei na biblioteca do meu bosque. Gussssstoume tanto que quero compartilo con vós.
Esta pulga é unha aventureira coma nós!!!
Moitos bicos herculinos. Xa sabedes, sempre co narisssss!!!! Aquí vos deixo un exemplo por se non sabedes... HI HI!!!

PULGA E XIGANTE
martes, 12 de febreiro de 2019
ROSALÍA PEQUENIÑA #LIBREOMEUPENSAMENTO
ACHÉGASE UNHA DATA MOI SINALADA: O ANIVERSARIO DE ROSALÍA DE CASTRO. NACEU UN 24 DE FEBREIRO E NÓS QUEREMOS FESTEXALO. ATA ESA DATA IMOS REALIZAR ALGUNHAS ACTIVIDADES PARA LEMBRAR A VIDA E OBRA DA NOSA POETISA. POR ISO, PARA IR COÑECÉNDOA, AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA CANCIÓN QUE FALA DE ROSALÍA PEQUENIÑA. CÁNTAA UXÍA. GOZADE DELA. E LEMBRADE: #LIBREOMEUPENSAMENTO.
luns, 11 de febreiro de 2019
RECOMENDAMOS
I PREMIO XOGANDO CON ROSALÍA DE CASTRO
ROSALÍA DE CASTRO

O 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalia de Castro. E, por iso, no noso Recomendamos vos propoñemos ir coñecendo algúns dos seus poemas. Velaí tedes uns versos...
Campanas de Bastabales,
cando vos oio tocar,
mórrome de soidades.
Cando vos oio tocar,
campaniñas, campaniñas,
sin querer torno a chorar.
Cando de lonxe vos oio,
penso que por min chamades,
e das entrañas me doio.
VOS PROPOÑEMOS UN XOGO!!!
Só tedes que pasar pola biblioteca a partir do mércores 14, e deixar no buzón de Rosalía un folio coas respostas a estas preguntas. A compañeira ou compañeiro de EP; e no caso de EI, a aula; que mellor responda ás preguntas e que entregue, xunto con esa folla, un folio co poema completo escrito e un debuxo relacionado con el, acadara un premio que lle será entregado na biblioteca o venrés 22 de febreiro, Día de Rosalía.
- Sabedes onde están as Campanas de Bastabales?
- Que pensades que sentía Rosalía cando escribiu estes versos?
- Como vedes o poema non está completo. Agora tedes que completalo e facer un debuxo que teña relación con el.
domingo, 10 de febreiro de 2019
domingo, 3 de febreiro de 2019
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)