mércores, 31 de maio de 2017
martes, 30 de maio de 2017
SABEDES QUE ...
HAI ALGUNHA CURIOSIDADE DO CONTINENTE AFRICANO QUE AO MELLOR NON COÑECEDES?
Pois aquí tedes algunhas como o significado da palabra áfrica. Que é ben fermoso:
Pois aquí tedes algunhas como o significado da palabra áfrica. Que é ben fermoso:
O nome de África provén do latín e quere dicir "sen frío".
- Ten un total de 54 países e 9 desertos. Tamén o segundo río máis longo do mundo está neste continente: o Nilo (máis de 6.000 quilómetros de longo).
- A maior concentración do mundo de elefantes está no parque nacional de Chobe, en Botsuana.
- En África está o cemiterio de barcos máis grande do mundo. Atópase na baía de Nouadhibou, en Mauritaria, e ten máis de 300 "esqueletos de aceiro".
luns, 29 de maio de 2017
domingo, 28 de maio de 2017
xoves, 25 de maio de 2017
mércores, 24 de maio de 2017
martes, 23 de maio de 2017
SABEDES QUE ...
EU, HERCULINO TEÑO UN DÉBEDA COS NENOS E NENAS DA AULA DE 5ºA DE EI?
Moitas,
moitas grazas polas pedriñas que tan ben pintáchedes coas cores da bandeira
africana.
Gustáronme
tanto, que as peguei nun anaquiño de madeira e as teño no meu cuarto.
Así
de fermosas están:
BICOS DE GNOMO. SEMPRE CO NARIZ PARA TOD@S!!!
luns, 22 de maio de 2017
RECOMENDAMOS
Ola a tod@s:
Sodes moi pero que moi list@s, sempre acertades todo: as
adiviñas, os problemas matemáticos… pero sobre todo sodes moi b@s poetas.
Gustáronme tanto e gocei
tanto lendo os vosos poemas que os quixen colgar na nosa árbore da biblioteca.
Tamén gozou moito da súa
lectura a miña avoa Palindra , pero quen máissss gozou foi Lucinda, aínda segue
comendo chocolate de tanto que lle gustaron os vososssss poemassss.
Por certo, fixen unha
pillería esta fin de semana e collín prestado este libro que me gustou moito:
Si vos apetece lelo, logo
podemos partillar un pouco sobre o Toribio este que ten moita graza.
E falando de cousas
graciosas, a ver se sabedes rematar este chiste?
Caperucita Vermella casou co
príncipe azul e tiveron un fillo …….
Podedes deixarme a resposta onde sempre, xa pasarei a recollela
Deixovos que teño que facer a
cea, asssss tripasssss están facendo uns ruidos moi estranosssssss.
Bicos de gnomo. Sempre co
nariz.
CONTOS CURTOS
O Conto Curto de hoxe titúlase "Sin Fogar". Seguro que despois de ver esta curta xa non ides a tirar nada na praia este verán e recolleredes todo nunha bolsa para logo tirala no contenedor.
xoves, 18 de maio de 2017
mércores, 17 de maio de 2017
martes, 16 de maio de 2017
domingo, 14 de maio de 2017
xoves, 11 de maio de 2017
AS NOSAS LETRAS E OUTRAS NOVAS.
Se hai un día do ano que esta sección do blog ten un sentido de seu é este venres, xa que nuns días estaremos celebrando o Día das Letras Galegas que, como sabedes, este ano están adicadas á Carlos Casares.
E que mellor que celebralo cunha adaptación da obra "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas". Feita polo CEIP.Antonio Ferrnández López.
mércores, 10 de maio de 2017
martes, 9 de maio de 2017
luns, 8 de maio de 2017
RECOMENDAMOS
Que imos recomendar! Pois a Toribio, o gran personaxe creado polo escritor ao que se dedican as Letras Galegas 2017, Carlos Casares.
Que saibades que os temos na biblioteca, por onde andan as laranxas. Volo recomendamos, tedes a risa asegurada.


EXCURSIÓN A BELELLE AULA DE 5 ANOS EDUCACIÓN INFANTIL
FERMOSA EXCURSIÓN A BELELLE. SEMPRE QUEDARÁ NA VOSA MEMORIA OS MOMENTOS VIVIDOS XUNT@S.
domingo, 7 de maio de 2017
xoves, 4 de maio de 2017
martes, 2 de maio de 2017
SABEDES QUE...
FACENDO CLICK DEREITO COÑECEREDES MELLOR A FIGURA DE CARLOS CASARES?
https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1485957479/contido/biografia_e_obra.html
https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1485957479/contido/biografia_e_obra.html
luns, 1 de maio de 2017
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)