xoves, 30 de marzo de 2017
mércores, 29 de marzo de 2017
martes, 28 de marzo de 2017
SABEDES QUE...
QUE O NOME DOS PLANETAS TEN QUE VER CO NOME DAS DIVINIDADES GREGAS?
A montaña máis alta do sistema solar é o Monte
Olimpo, un volcán marciano que ten unha altura de 27 quilómetros, tres veces
maior ao monte Everest.
O nome en castelán dos planetas do Sistema Solar,
con excepción da Terra, corresponde ao nome dalgunhas divinidades das mitoloxías
romana ou grega; Mercurio é o deus romano do comercio; Venus é a deusa romana
do amor e da beleza; Marte é o deus da guerra; Júpiter é o deus supremo do
panteón romano e creador do universo; Saturno é o deus romano da agricultura; Urano
é o deus grego do ceo e Neptuno é o deus romano dos mares.
luns, 27 de marzo de 2017
sábado, 25 de marzo de 2017
CONTOS CURTOS
O Conto Curto de hoxe titúlase " Minuscule- the guest of the pink lollipop"
As veces non somos capaces de apreciar o que non vemos, o minúsculo.
As veces non somos capaces de apreciar o que non vemos, o minúsculo.
xoves, 23 de marzo de 2017
E TI, QUE PINTAS? ÁFRICA.
A partir de hoxe, na nosa entrada dedicada ao proxecto da biblioteca sobre África, iremos colgando os vosos trabalhos que, como podedes ver hoxe son verdadeiramente marabillosos. Non hai dúbida de que sodes uns artistas.
Noraboa a tod@s @s alumn@s de 6ºA e a súa mestra de plástica.
A creatividade é contaxiosa. Pásala.
Albert Einstein
martes, 21 de marzo de 2017
SABEDES QUE...
ONTE FOI O DÍA DA POESÍA?
Pois aquí tedes un poema do poeta Antonio García Teijeiro:
Pois aquí tedes un poema do poeta Antonio García Teijeiro:
Un
bico porque
si
Un
bico porque
non
Un
bico coma o
lume
Un
bico cora-
zón
Un
bico porque
re
Un
bico porque
dó
Un
bico porque
la
Un
bico porque
sol
Un
bico dó re
mi
Un
bico acorde-
ón
Un bico dó si
fa
Un bico percu-
sión
Un bico porque
si
Un bico, por que
non?
SABEDES QUE...
VENUS É UN PLANETA MOI PECULIAR?
Despois do Sol, Venus é o lugar máis quente do
Sistema Solar.
Non hai diferenzas na temperatura entre a noite e o
día.
A diferenza do resto dos planetas do Sistema Solar,
en Venus non hai diferenzas na temperatura entre a noite e o día.
É apenas un pouco máis pequeno que a Terra
En Venus non hai paraguas que aguante.
E alucinade...
Un día en Venus son 243 días na Terra



Que tamaño cres que ten Venus? En realidade é só un
pouco máis pequeno que a Terra

As súas nubes
crean unha constante choiva aceda que faría que un paraguas non durase nin un
minuto.

Venus rota de forma sumamente
lenta. Mentres que un día na Terra dura 24 horas, un día en Venus dura 243 días
terrestres.
E aquí redes unhas fermosas imanes do planeta Venus.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)