luns, 19 de decembro de 2016
A NOSA FELICITACIÓN DE NADAL
QUEREMOS DESEXARVOS FELICES FESTAS DESDE O LUGAR MÁIS MÁXICO DO NOSO COLEXIO, A BIBLIOTECA.
BO NADAL!!! FELICES FIESTAS!!! HAPPY HOLIDAYS!!!
СЧАСТЛИВЫЕ ПРАЗДНИКИ
domingo, 18 de decembro de 2016
RECOMENDAMOS. LIBROS PARA NADAL
Desde a nosa biblioteca vos queremos recomendar algunhas lecturas para estas vacacións, xa que os libros poden ser un bo agasallo.
"El monstruo de colores" Ana Llenas. Edt. Flamboyant.
"El oso y el piano" David Litchfield. Edt Blume
María Fumaca "Aire" libro CD con cancións. Edt. Galaxia.
"Unha chea de familias" Xosé Antonio Neira Cruz. Edt. Galaxia
Esperamos que vos guste a nosa escolleita. Apertas literarias!
xoves, 15 de decembro de 2016
VISITOUNOS HECTOR LOURENZO
Hoxe a nosa biblioteca encheuse de música, de poemas e das vosas voces. Mellor son non o hai:
E todo na compañía de Héctor Lorenzo, que puxo música aos poemas do libro "Cousas de papá"
ESCOITADE, ESCOITADE ...
SODES AUTÉNTICOS!!!
mércores, 14 de decembro de 2016
ESPECIAL MÚSICA AFRICANA
Como xa imos cara as vacacións de Nadal, desde este blog, queremos celebrar este trimestre no que o fascinante continente Áfricano nos acompañou e seguirá a facelo o que queda de curso.
Que mellor, que cunha canción cantada por nenos e nenas de distintos países, ao igual que a nosa comunidade educativa.
Con todos vostedes "Celebration". Veña, que xa estades movendo as pernas!
martes, 13 de decembro de 2016
SABEDES QUE ...
NON SÓ HAI PERSOAS MOI ALTAS, TAMÉN HAI ANIMAIS ASOMBROSAMENTE GRANDES?
Os que ides a ver neste video, gañaron o premio Guinness por ser os máis grandes na súa especie:
ALUCINANTE, NON SI?
luns, 12 de decembro de 2016
domingo, 11 de decembro de 2016
xoves, 8 de decembro de 2016
martes, 6 de decembro de 2016
SABEDES QUE ...
HAI MOITAS ADIVIÑAS DE ANIMAIS DA SELVA?
NESTE VIDEO TEDES ALGUNHAS. A VER CANTAS ADIVIÑADES!
NESTE VIDEO TEDES ALGUNHAS. A VER CANTAS ADIVIÑADES!
domingo, 4 de decembro de 2016
xoves, 1 de decembro de 2016
mércores, 30 de novembro de 2016
E TI, QUE PINTAS? ÁFRICA
A que tamén vós podedes pintar así nun papel longo, longo. Fixádevos e veredes que algunha desas pinturas xa as fixestes.
Cal será?
Cal será?
martes, 29 de novembro de 2016
SABEDES QUE ...
AS AVES TEÑEN UNHAS CARACTERÍSTICAS MOI ESPECIAIS?
NESTE VIDEO APRENDEREDES MOITO SOBRE ELAS.
NESTE VIDEO APRENDEREDES MOITO SOBRE ELAS.
luns, 28 de novembro de 2016
domingo, 27 de novembro de 2016
CONTOS CURTOS
O Conto Corto de hoxe titúlase " Se os animais comeran comida rápida".
XA SABEDES HAI QUE COMER ALIMENTOS SANS!!!
xoves, 24 de novembro de 2016
VENRES DE CONTO
O conto de hoxe titúlase "Guau", e fálanos da sabana, que seguro xa sabedes onde está.
Disfrutádeo!!!
E TI, QUE PINTAS? ÁFRICA
Hoxe imos coñecer a un artista africano moi peculiar, xa que traballa con materiais de refugallo.
RECICLA CON "EL ANATSUI"
Este escultor está en contra das políticas de reciclaxe actuais de moitos países de África, que non tratan debidamente os residuos por exemplo os tapóns metálicos de botellas, e é por iso que, a modo de protesta, traballa sempre con estes materiais desechables.
.Queredes ver algunhas das obras do Anatsui?
Na creación das súas obras o artista fai homenaxe á a vestimenta que el utilizaba durante a súa infancia en África, creada a partir de retales de roupa. Á súa vez, con estas divisións ou cambios de tonalidade presentes nos seus murais de tapóns, El Anatsui simboliza e critica a división e conflitos existentes entre os diferentes pobos africanos.
martes, 22 de novembro de 2016
SABEDES QUE ...
NO CONTINENTE AFRICANO HAI UN PINGÜIN CHAMADO, "PINGÜIN DO CABO"?

A QUE É GRACIOSO? IMOS A COÑECER ALGO MÁIS SOBRE EL:
O pingüín do Cabo, chamado tamén pingüín de Jakass, mide uns sesenta centímetros de longo total. Adáptase tamén a climas tépedos, polo tanto vive en zonas que non son excesivamente frías; aniña na parte meridional de África e ás veces ata en Natal e Angola. É o que comunmente se exhibe nos xardíns zoolóxicos do mundo.
Tamén é o máis común nas peliculas de animación:
Todo o torpes que parecen os pingüíns camiñando, deixan de selo cando están no mar. Alí vólvense veloces como un corredor de fondo e áxiles coma se fosen soldados dunha guerra que non poden perder. O inimigo de sempre espéralles dentro da auga, aínda que nos últimos séculos o ser humano ocupou ese podio facendo que a poboación de pingüín africano mingüe de tal maneira que só quedan na actualidade ao redor de 50.000 exemplares (catro veces menos que no ano 2000 e un 99% menos que a principios do século XX).

E aqui tedes un viedo dun afeccionado, e os pingüins en movemento:
luns, 21 de novembro de 2016
domingo, 20 de novembro de 2016
mércores, 16 de novembro de 2016
martes, 15 de novembro de 2016
SABEDES QUE ...
HOXE HOUBO UNHA LÚA MOI ESPECIAL?
Imos deixar por un mércores os páxaros, xa que paga a pena que vexades esta fotografía da lúa que poidemos observar onte. Unha lúa moi fermosa que só podemos ver cada 70 anos.
Mirade que fermosa:
Esta fotografía sacouna un amigo fotógrafo que vive preto de A Coruña, en Arteixo.
Imos deixar por un mércores os páxaros, xa que paga a pena que vexades esta fotografía da lúa que poidemos observar onte. Unha lúa moi fermosa que só podemos ver cada 70 anos.
Mirade que fermosa:
Esta fotografía sacouna un amigo fotógrafo que vive preto de A Coruña, en Arteixo.
luns, 14 de novembro de 2016
domingo, 13 de novembro de 2016
O NOSO MAGOSTO 2016
ASÍ FOI O NOSO MAGOSTO 2016
"Fíate das castañas asadas, que se estoupan, saíranche á cara"
Pero as nosas castañeiras non lles estoupou ningunha
Probablemente porque estaban protexidas non só polas nosas meigas, tamén polos espiritos bis vidos desde África
Como vedes o entusiasmo era grande
E, xa todos xuntos no pavillón, demos boa conta dunhas castañas riquísimas
Magosto que estivo acompañado dos Premios ás mellores cabazas, nas distintas categorías
E tamén as tres gañadoras do Concurso de Relatos "Dame medo"
Parabéns a Tod@s @s premiad@s!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)